Aínda debezo polas madalenas que saían tortas e que na Tenda da Pepa, para os nenos espilidos, eran de balde. Na tenda da pepa as fresas anunciaban o fin do inverno e a chegada da primavera,. Hoxe comín un par de peitugas de polo afogadas nunha bandexa de PVC Cada vez que morre unha vella, a tenda da Pepa morre un chisquiño mais

Durante o mes de Febreiro de 2011, usando como plataforma o facebook, creamos o movemento de MANIQUÍZATE. Nesta campaña pediamos que a xente nos envíase imaxes privadas que logo nós convertiamos en Maniquís. Fixemos en torno a 50 fotografías que na semán do 25 de febreiro deberían figurar como fotos de perfíl.  Ademáis cada día pendurabamos varias delas cun texto ao pé.