OS FABULOSOS FORMA PARTE DA EXPOSICIÓN DERRADEIRA SESIÓN
Atravesando unha espesa cortina de veludo vermello adentrámonos na escuridade. Como faros, as fotografías de Manuel Sendón convertidas imaxes luz , nos van mostrando os cines que, mortos de solemnidade, seguén dalgunha maneira a reclamar as historias que alí se vivirón. Cadáveres de pinturas reventadas e madeiras carcomidas que manteñen de modo algo fantasmal, a presenza da luz que algún día alí se presentou en forma de películas. Espazos maxestousos e impoñentes, ruinas que claman por recuperar o antigo esplendor exisixindo a xustiza de apelar a memoria dun mundo ido. Srs e sras Benvidos ao espectacular fenómeno do cinematógrafo… Se escoita e, atravesando un cartel luminoso propio dos cines de antano, vemos como o documental Os Fabulosos irmáns da luz, recupera eses espacios representados nas fotos utilizandoos de pantalla para unha película de luces e sombras de presenza case fantasmal. Derradeira Sesión é un proxecto colectivo representado polas fotografías de Manuel Sendón e o documental de Olaia Sendón Os fabulosos irmáns da luz. Que aborda dende dous medios e dúas miradas diferentes, a morte do cine como fenómeno colectivo. DERRADEIRA SESIÓN foi organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.