On February the 25th of 2011 was the premiere of the film Pequenas Superficies. A obra presentábase como un video desmontado onde tanto as imaxes coma a banda sonora (a cargo de Silvia Penide e Michal Kamac) íanse pinchando en directo. No que toca a banda sonora, esta, foi elaborada con sons reais extraídos durante un mes de diferentes mercados e tendas da Coruña para construir unha base rímica coa que poder traballar.

A parte interpretativa corría a cargo de Gustavo Pernas, quen coma se de unha procesión se tratase ía guiando aos asistentes polo espazo.

Durante a semán do 25 de febreiro do 2011 realizamos unha serie de instalacións en sitios emblemáticos da cidade da coruña (Praza do libro, Conchiñas, San Andrés..) A instalación consistía nunha serie de esquelas, a nome de tendas xa fechadas da localidade, coas que empapelábamos árbores e paredes tal e como se fai tradicionalmente no rural galego.